CRTVG

Buscar

Traballadores de Povisa incian un peche en Sanidade para protestar pola venda

Publicado o 22/10/2019 12:11
Traballadores de Povisa incian un peche en Sanidade para protestar pola venda

Traballadores do hospital privado Povisa e membros da sección de Saúde do sindicato CIG encerráronse este martes na sede da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para protestar pola venda deste hospital.

Nun comunicado urxente remitido aos medios, os participantes na protesta expresan o seu rexeitamento á compra "por unha contía mínima" deste centro a cargo da aseguradora estadounidense Centene e, do mesmo xeito, denuncian a perda dunha oportunidade da Xunta de adquirir o hospital por 24 millóns e garantir "a xestión pública dun recursos asistencial vital para a área sanitaria de Vigo".

Así pois, reclaman ao Goberno galego a adquisición dun centro cuxo paso a propiedade pública "permitiría garantir unha prestación a toda a poboación da área sanitaria de Vigo e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados".

De igual forma, esíxenlle ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que se reúna con eles, como xa solicitou o sindicato CIG a comezos de mes sen obter resposta algunha.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí