CRTVG

Buscar

Traballadores de Navantia retoman as mobilizacións para reclamar carga de traballo

Publicado o 13/02/2020 15:04

Os traballadores de Navantia en Ferrol acordaron hoxe un novo calendario de mobilizacións para reclamar carga de traballo ata que comece a construción das fragatas F-110 previstas para dentro de dous anos.

Protestas que xa comezaron hoxe cunha concentración ás portas do estaleiro e que secundarán todos os xoves ata finais de marzo.

Queren reunirse co Goberno porque temen que no verán poida haber numerosos despedimentos na industria auxiliar, cando remate a construción dos buques para a armada australiana.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020