CRTVG

Buscar

Traballadores de Navantia pídenlles aos grupos parlamentarios "vontade política" para a construción dun buque ponte

Publicado o 29/01/2020 15:03

Representantes do comité de empresa de Navantia Ferrol achegáronse esta mañá ao Parlamento para demandar carga de traballo antes da construción das cinco fragatas F-110 encargadas polo Goberno central, que non comezará ata o ano 2022. Aseguran que hai diversos proxectos factibles para lle dar ocupación ao estaleiro, pero que é que preciso que exista vontade política.

Os traballadores de Navantia reuníronse a un tempo con todos os grupos parlamentarios agás co socialista, co que mantiveron un encontro por separado. Os traballadores saíron satisfeitos destas reunións, pero apuntan que seguirán coas mobilizacións ata que haxa unha solución definitiva.

Coincidindo con esta xuntanza no Parlamento de Galicia, os traballadores do estaleiro de Ferrol concentráronse diante das portas da factoría. Empregados do cadro de persoal e das compañías auxiliares celebraron unha asemblea en que reclamaron unha xuntanza co Goberno central para abordar a carga de traballo. Din que de non ter un contrato urxente, as zonas de produción terían que comezar a despedir persoal.

Noticias web

29/01/2020