CRTVG

Buscar

Traballadores de Ence levan á Toxa as súas protesas pola continuidade da factoría

Publicado o 01/10/2021 15:24

A poucos metros de onde se estaba celebrando Foro Vínculo Atlántico, na illa da Toxa, os traballadores de Ence protagonizaban unha mobilización para esixir a continuidade da factoría.

A policía impediulles cruzar a ponte e chegar a esta illa da ría de Arousa para facerlle entrega a Pedro Sánchez dun escrito coas súas reivindicacións.

Algo moi diferente do que aconteceu, din, durante a visita do rei Filipe VI, cando si puideron achegarse ata o escenario do foro. Os traballadores reclaman medidas para garantir o futuro de Ence en Pontevedra e dos 5.000 postos de traballo que están en perigo.

Noticias web

01/10/2021