CRTVG

Buscar

Traballadores de Alcoa protestan cortando con barricadas o acceso na A-8 entre Galicia e Asturias

Publicado o 31/05/2020 18:41

Sánchez e Feijóo falan da situación da factoría

Máis dun milleiro de persoas, traballadores de Alcoa e familiares, mobilizáronse en protesta polo anuncio do despedimento colectivo realizado pola empresa. Cortaron a autovía A-8, que une Galicia e Asturias, con barricadas e plantáronlles lume a pneumáticos.

Esta semana Alcoa comunicou o despedimento colectivo de 534 traballadores da planta de aluminio de San Cibrao. A empresa, que achega case un terzo do producto interior bruto da provincia lucense, recibiu nos últimos tempos 38 millóns de euros de axudas oficiais, que tería que devolver se realmente leva a cabo o despedimento.

Os propietarios xustifican que o desmantelamento se debe á escasa demanda do aluminio e ao prezo da enerxía para producilo en San Cibrao.