Traballadores de Alcoa manifestaranse en Lugo o Domingo das Mozas
Publicado o 01/10/2021 12:56
Os traballadores de Alcoa anuncian novas mobilizacións. Convocaron unha concentración diante da Subdelegación do Goberno en Lugo para o próximo domingo 10 de outubro, coincidindo ese día coa celebración do Domingo das Mozas, unha das datas máis destacadas do San Froilán.