Traballadores de Alcoa esixen a intervención inmediata
Con ese espírito de resitencia, outro día máis o cadro de persoal de Alcoa saíu ás rúas para esixir unha alternativa ao peche de Alcoa.
O tempo apremia e os traballadores esixen que a intervenciaón se faga pública canto antes. parellamente á busca da solución política, esta semana o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decide sobre a pralización do ERE.
Milleiros de persoas percorreron hoxe as rúas de Lugo, familias enteiras afectadas polo despedimento colectivo. Entre eslas, este matrimonio de xubilados que trouxo canda eles unha neta e unha amiga. El traballaba na electrolise e ela no laboratorio.
Esa mal fe de Alcoa foi denunciada polas administracións durante as negociaicións da venda. Á espera do que decida o Superior de Xustiza os traballadorers esixiron nos escritos presentados que o Goberno se faga cargo da planta a través da SEPI, para quedar con ela ou para vendela.