CRTVG

Buscar

Traballadores de Alcoa encadéanse ao balcón da Subdelación do Goberno de Lugo

Publicado o 24/07/2020 12:57
Traballadores de Alcoa encadéanse ao balcón da Subdelación do Goberno de Lugo

Un ducia de traballadores de Alcoa, entre eles membros do comité de empresa da factoría de San Cibrao, encadeáronse esta mañá ao balcón da Subdelegación do Goberno en Lugo para esixir solucións do Ministerio de Industria que permitan garantir o 100 %  da produción na planta de aluminio primario de San Cibrao.

No balcón da Subdelegación do Goberno, situada na Praza de Armanyá, en pleno centro do casco histórico de Lugo, despregaron unha pancarta co lema "Enerxía, solución" e lanzaron consignas a favor dunha intervención da factoría de San Cibrao e da continuidade da produción de aluminio na Mariña.

"Somos obreiros, non somos terroristas", "Bótalle ovos, Pedrito bótalle ovos", "Enerxía, solución", "A Mariña sálvase loitando" ou "As cubas non se paran" foron algunhas de consignas que lanzaron os traballadores de Alcoa mentres estaban encadeados ao balcón da Subdelegación.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, esixiulle ao Ministerio de Industria que "cumpra a súa palabra" e que "presente un plan industrial que lle dea viabilidad á fábrica".

Tamén que o Goberno faga todo o posible e obrigue "a empresa a vender" a factoría se realmente quere renunciar á produción de aluminio primario.

Por outra banda, incidiu na necesidade de que "as cubas sigan funcionando", porque o persoal ?non quere unha fábrica sen cubas", senón "manter o 100 %  da produción".

"Non queremos que maten a fábrica. As cubas son o corazón da planta", recordou.

Así mesmo, esixiulle ao Ministerio que convoque a reunión pendente da mesa multilateral e que conteste á carta enviada polos empregados das empresas auxiliares.