CRTVG

Buscar

Traballadores de Alcoa cortan a A-8 en Ribadeo

Publicado o 17/09/2020 14:54

Novo acto de protesta dos traballadores de Alcoa, que esta mañá interromperon o tráfico nos dous sentidos da A-8 á altura de Ribadeo.
O comité de empresa advirte de que non van parar cos actos reivindicativos ata que teñan unha solución por escrito que evite a aplicación do ere que suporía o despedimento de medio milleiro de traballadores.
Reiteraron o seu apoio ao proceso de venda da planta de alumino primario á Liberty House, e insisten en que a dirección da multinacional Alcoa está actuando de mala fe e boicoteando as negociacións para o traspaso.

Noticias web

17/09/2020