CRTVG

Buscar

Traballadores de Alcoa bloquean un tramo da autovía en Xermade

Publicado o 12/06/2020 11:56

Decenas de traballadores da factoría de aluminio da multinacional Alcoa en San Cibrao bloquearon esta mañá o tráfico de vehículos nun tramo da autovía AG-64, que vai de Vilalba a Ferrol, no municipio lucense de Xermade para protestar contra os plans da dirección de despedir empregados.

Segundo a Garda Civil, o bloqueo produciuse no quilómetro 42,3 da autovía, nos dous sentidos da circulación, preto do enlace de Cabreiros, case no límite coa provincia da Coruña.

Para que o tráfico non quedara interrompido, a Garda Civil habilitou desvíos alternativos pola estrada  LU-861, a vía que comunica Vilalba coa localidade das Pontes de García Rodríguez.

A protesta inscríbese nas mobilizacións convocadas polo comité de empresa para esixir unha solución que evite o despedimento de máis de cincocentos traballadores anunciado pola multinacional estadounidense nesa planta de produción de aluminio primario da comarca da Mariña.

O lugar da movilización non foi escollido ao azar, din que a comarca de Ferrol será outra das perxudicadas polo peche da planta de alumnio, deixara de ingresar os 25 millóns de euros que factura o porto de San Cibrao dependente da autoridade portuaria de Ferrol.

O tempo corre e din que urxe unha solución antes de que a empresa inicie oficialmente o ERE que afectará a máis de 500 traballadores.