CRTVG

Buscar

Traballadores das auxiliares de Endesa acampan diante da Casa do Concello das Pontes

Publicado o 06/07/2021 20:53

Todos acumulan anos traballando na industria auxiliar da central térmica de Endesa e agora ven perigar os seus postos de traballo, polos que están dispostos a loitar.

A coordinadora de auxiliares, convocante da protesta e integrada polos sindicatos UXT, CIG e CCOO, quere visibilizar a grave situación laboral tanto dos traballadores como dos transportistas do carbón ante a falta de proxectos alternativos ao peche da térmica de Endesa.

Inician a acampada por tempo indefinido e dispostos a mantela ata acadar o compromiso das administracións co futuro da comarca.

Noticias web

06/07/2021