CRTVG

Buscar

Traballadores da antiga Alcoa da Coruña pídenlle ao Ministerio o seguimento da compra

Publicado o 15/10/2019 21:05

O comité de empresa de Alu Ibérica, a antiga Alcoa da Coruña, pídelle ao Ministerio de Industria a "convocatoria urxente" da mesa de seguimento do plan industrial de Parter, a multinacional que mercou Alcoa no mes de xullo.

Os representantes dos traballadores fan esta petición por "falta de información". Din que non coñecen que está facendo Parter para desenvolver o plan industrial comprometido na compra das factorías da Coruña e de Avilés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019