CRTVG

Buscar

TPG é o novo propietario das plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría

Publicado o 04/09/2019 20:28

O fondo estadounidense TPG é xa oficialmente o novo propietario das plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría e tamén das centrais hidráulicas do Xallas.

Os novos xestores comprometéronse a presentar un plan industrial que garanta a viabilidade das dúas plantas de ferroaliaxe a longo prazo, e deben para iso acometer investimentos de modernización por un valor que supera os 14 millóns de euros.

Os traballadores non se fían do cumprimento dos compromisos e anuncian mobilizacións para a próxima semana.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019