Totán Kundú é un dos poucos pregrinos hindús que fan o Camiño
No Camiño de Santiago non é moi común encontrar peregrinos de nacionalidade india como Totán Kundú. El é dunha vila próxima a Calcuta aínda que xa leva 7 anos vivindo en Ourense. Veu a estudar, gustoulle Galicia e montou un negocio de turismo. Sempre quixo facer o Camiño, pero ata este verán non puido. Entre millo, verzas e vacas di que ás veces a ruta tráelle recordos da súa cidade natal.
Totán vai gravando e narrando en bengalí cada etapa do Camiño para o seu canal de YouTube. Quere divulgar a ruta xacobea no seu país natal onde tamén existe un camiño de peregrinación moi importante, o de Shiva. Cando a situación sanitaria mellore gustaríalle traer grupos de hindús a Galicia.
É un fan dos selos, non hai sitio do Camiño onde non pida que lle selen as credenciais, mesmo nunha camiseta que vai ser un recordo especial. Co seu amigo David, Totán ten pensado chegar mañá a Santiago. Rezaralle ao Apóstolo, di, pero logo á todopoderosa diosa hindú Shiva. Pediralles que o seu país supere a grave crise sanitaria que viviu e sobre todo volver ver pronto toda a súa familia india.