CRTVG

Buscar

Novo calendario de mobilizacións en Navantia (Ferrol) para reclamarlle a Defensa carga de traballo

Publicado o 14/02/2020 08:10

Os traballadores de Navantia en Ferrol acordaron un novo calendario de mobilizacións para reclamarlle ao Ministerio de Defensa carga de traballo ata que comece a construción das fragatas F-110 previstas para dentro de dous anos.

Son protestas que xa comezaron onte cunha concentración ás portas do estaleiro e que secundarán todos os xoves ata finais de marzo. Queren reunirse co Goberno central porque temen que no verán poida haber moitos despedimentos na industria auxiliar, cando remate a construción dos buques para a armada australiana. 

Javier Galán, presidente do comité de empresa de NavantiaDurante este ano e o que vén, as plataformas quedan sen traballo. A única solución é un buque que teñamos deseñado. Sabemos da solución que presenta a Armada, a construción dun novo Aor que substitúa o Patiño. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020