CRTVG

Buscar

Torrent: "Torra segue a ser deputado do Parlament de pleno dereito"

Publicado o 10/01/2020 17:48


O presidente do Parlament, Roger Torrent, asegurou que o presidente da Generalitat, Quim Torra, segue sendo "deputado de pleno dereito", aínda que o Tribunal Supremo (TS) mantivo a orde da Xunta Electoral Central de retirarlle a acta da Cámara catalá. En conferencia de prensa, Torrent anunciou que o vindeiro martes a Mesa do Parlament formalizará a presentación dun recurso ante o TS, no que se alegará que non concorren ningún dos supostos contemplados no regulamento da cámara autonómica para inhabilitar a un deputado.

"Entendemos que a JEC non é un órgano competente para retirar a acta de deputado a ninguén. O president Quim Torra segue sendo deputado do Parlament de pleno dereito", subliñou Torrent, que asegurou que na próxima sesión o presidente catalán votará con normalidade, como o resto de parlamentarios

Noticias web

10/01/2020