CRTVG

Buscar

Torrent mantén a Torra como deputado

Publicado o 11/01/2020 11:02

O presidente do Parlamento de Cataluña asegura que Quim Torra seguirá sendo deputado malia que o Tribunal Supremo ratificara a orde da Xunta Electoral Central de retirarlle a acta pola condena dos lazos amarelos. Torrent alega que o organismo arbitral non é competente para ordenar a inhabilitación de Torra. Argumenta que, segundo o regulamento da cámara, un parlamentario só pode perder a súa acta se hai sentenza xudicial firme, condición que non se dá no caso de Torra que recorreu contra a condena dos lazos amarelos. Argumentos que apoian os servizos xurídicos da Cámara e nos que se baseará o recurso que presentará a Mesa do Parlament ante o Supremo o próximo martes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2020