Torra ten 24 horas para retirar os lazos amarelos
Publicado o 12/03/2019 15:17

Quim Torra ten de prazo ata mañá á tarde para cumprir a orde de retirar as esteladas e os lazos amarelos dos edificios públicos. Se non o fai, exponse a unha multa de 300 a 3.000 euros.
A Xunta Electoral Central estimou o recurso de Ciudadanos e entendeu que son símbolos partidistas que non deben estar presentes nas institucións durante a precampaña.
A Generalitat xa insinuou que non vai retirar os lazos e estuda recorrer contra a decisión ante o Supremo.
Dende o Goberno central, Josep Borell advirte de que o Estado ten mecanismos para facer cumprir as disposicións da Xunta Electoral.