CRTVG

Buscar

Torra será xulgado o 25 de setembro polo caso dos lazos amarelos

Publicado o 02/09/2019 21:01

O presidente da Generalitat, Quim Torra, vai ser xulgado a finais deste mes por desobediencia no caso dos lazos amarelos. O Tribunal Superior de xustiza de Cataluña fixou a data do xuízo para o 25 e 26 de setembro, xusto despois de que finalice o prazo para a investidura do presidente do Goberno.

A Fiscalía pide que se inhabilite a Torra para exercer cargos públicos durante un ano e oito meses por non retirar os lazos amarelos durante a campaña electoral das pasadas eleccións xerais. Vox, que exerce a acusación popular, pide dous anos de inhabilitación.

 

Noticias web

02/09/2019