CRTVG

Buscar

Torra: "Podédesme condenar, pero non cambiarades a vontade do pobo de Cataluña"

Publicado o 18/11/2019 19:06

O presidente da Generalitat, Quim Torra, avisou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña este luns no seu xuízo: "Podédesme condenar, pero non cambiarades a vontade do pobo de Cataluña".

Na súa quenda de última palabra, Torra, que lle afeou ao tribunal que non é imparcial, dixo que o xuízo contra el foi un xuízo político que busca "alterar o panorama político catalán". Reiterou o seu compromiso co pobo de Cataluña como presidente da Generalitat e avisou: "Seguirei durante todos os meses que siga como presidente ata que o Parlament me retire a súa confianza".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019