CRTVG

Buscar

Os letrados do Parlament, contra a inhabilitación de Quim Torra

Publicado o 14/01/2020 08:21

A inhabilitación de Quim Torra segue a centrar a actividade do Parlamento catalán. A Mesa discutiu hoxe un infome dos letrados da cámara que avalan a continuidade de Torra como deputado e presidente da Generalitat, ao entender que a Xunta Electoral Central non é competente para inhabilitalo.

Un argumento que comparten os partidos independentistas, mentres que o PSC cre que o órgano electoral debeu inhibirse en favor do Supremo. PP e Ciudadanos esixen iniciar xa os trámites para elixir o substituto de Torra.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020