Torra négase a declarar ante o TSXC na súa segunda causa por desobediencia
Publicado o 23/09/2020 11:03

O presidente da Generalitat, Quim Torra, negouse a declarar perante o xuíz do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, que investiga a súa segunda causa por desobediencia por desatender unha orde xudicial para que retirase da Generalitat unha pancarta a favor dos políticos presos.
Torra compareceu ante o xuíz instrutor Carlos Ramos apenas uns minutos, en que lle comunicou a súa vontade de acollerse ao seu dereito a non declarar, nin sequera á súa defensa.
O presidente fora citado a declarar de novo como investigado este mércores, mentres o Supremo segue pensando se confirma a condena de inhabilitación pola desobediencia que lle impuxo o TSXC.