CRTVG

Buscar

Torra mantén a reunión con Pedro Sánchez para a próxima semana

Publicado o 29/01/2020 20:07

Na súa comparecencia, Quim Torra confirmou que se verá con Pedro Sánchez o día seis de febreiro, tal e como tiñan previsto. Aí decidirá que papel vai asumir despois, na mesa de negociación que pactaron Esquerra Republicana e o PSOE. Desde o Goberno polo momento manteñen a axenda, porque ven a Torra un interlocutor válido.

María Jesús Montero, portavoz do Goberno: "Torra segue sendo o presidente da Generalitat, polo momento non hai nada que lle impida selo, e o Goberno ten que reunirse con quen está nas institucións".

O Partido Popular e Ciudadanos instan a Sánchez a anular a xuntanza con Torra e pídenlle que tome medidas contra el.

Carlos Carrizosa, Ciudadanos: "O presidente do Goberno ten que tomar a iniciativa e cesar a Torra".

Pablo Casado, presidente do PP: "Nós imos presentar unha querela contra Torra por usurpación de funcións. Non pode ser que haxa un presidente que desobedece unha sentenza do Tribunal Supremo, e ademais contando coa complicidade do Goberno de España".

Os populares consideran que ningunha decisión que tome Torra a partir de agora ten validez, e que nin sequera os orzamentos que asine este mércores o presidente da Generalitat terán valor xurídico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020