CRTVG

Buscar

Torra evita a foto co rei no pavillón de España do Mobile World Congress

Publicado o 25/02/2019 20:08

A inauguración en Barcelona do congreso de móbiles retratou unha vez máis a frialdade das relacións institucionais entre as diferentes administracións. Quim Torra non recibiu o rei Filipe e evitou a foto de familia ante o pavillón español. Ante esta reacción, tampouco houbo foto no pavillón catalán.

O presidente do Goberno recibiu o rei Filipe á súa chegada ao Mobile World Congress. Como ocorrera o domingo, non o fixeron nin Quim Torra nin Ada Colau. A comitiva percorreu as instalacións e o presidente catalán non se sumou ata a reunión cos organizadores, un acto en que só estaban as cámaras da Moncloa. Durante a visita Torra apenas interactuou co rei nin co presidente Sánchez, e evitou facer a foto de familia ante o pavillón español, onde si estivo a alcaldesa de Barcelona. PSOE e PP criticaron uns xestos que xustifican os partidos nacionalistas.

Tras a ausencia de Torra no pavillón de España, a comitiva institucional evitou visitar o expositor de Cataluña. O Executivo catalán di que estaba pactado coa Moncloa, pero o Goberno nega que os avisasen de que non rematarían o percorrido.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019