Torra e Puigdemont piden a mediación internacional dende un hotel de Bruxelas
O presidente da Generalitat di que está disposto a ir á cadea por defender a independencia de Cataluña. Quim Torra ofreceu, xunto a Carles Puigdemont, unha charla en que volveron pedir mediación internacional. O acto estaba organizado no Parlamento Europeo pero finalmente foi nun hotel de Bruxelas porque o presidente da Eurocámara non permitiu o acceso de Puigdemont por estar fuxido da xustiza.
Escoitamos a Torra e a Puigdemont criticar enerxicamente o presidente do Parlamento Europeo por non permitirlles falar sobre a independecia de Cataluña na Eurocámara. Desde un céntrico hotel de Bruxelas, Torra e Puigdemont insisten en reclamar a celebración dun referendo internacionalmente recoñecido. Piden a mediación internacional. Puigdemont insitiu moito en seguir ofredendo diálogo e Torra asegurou que está disposto a ir a prisión defendendo a autodeterminación de Cataluña.