Torra desvela as súas 21 esixencias a Sánchez
Publicado o 05/02/2019 21:06
A Generalitat desvela as 21 esixencias que Quim Torra lle entregou a Pedro Sánchez na xuntanza que mantiveron o pasado 20 de decembro. Entre outras cousas, o presidente catalán pídelle ao español facer efectivo o dereito á autodeterminación, designar un mediador internacional ou investigar os presuntos abusos policiais e económicos contra o pobo de Cataluña. Nese documento, a Generalitat tamén reclamaba abadonar a vía xudicial contra o independentismo e renunciar a aplicar un novo 155.