CRTVG

Buscar

Torra responsabiliza o Estado da súa previsible inhabilitación

Publicado o 17/09/2020 14:55

O Tribunal Supremo estuda dende hoxe o recurso de Quim Torra contra súa condena por desobediencia.

É a súa última opción para manter a presidencia da Generalitat. Pero todo apunta que o alto tribunal podería confirmarlle en breve a inhabilitación dun ano e medio para o exercicio de cargo público. Isto abriría en Cataluña un escenario incerto dun adianto electoral ou unha nova investidura. Pero o propio Torra acaba de comparecer para descartar unha convocatoria electoral, nunha intervención en que arremeteu duramente contra o Estado e a xustiza española.

Noticias web

17/09/2020