Torra condiciona a negociación dos presupostos a que se fale do dereito de autodeterminación
O PDeCat non vai retirar a súa emenda á totalidade dos presupostos do Estado. Mantén como condición para negociar reiniciar o diálogo sobre Cataluña incluíndo o que o Goberno considera unha liña vermella: o dereito de autodeterminación.
"Nós non tramitaremos os presupostos se no papel que se nos presenta non está o exercicio ao dereito de autodeterminación", dixo Quim Torra
"Non imos falar do dereito de autodeterminación, non nos imos mover nin un milímetro do cumprimento da Constitución", replican Adriana Lastra, do PSOE.
Tamén Esquerra Republicana esixe diálogo sen renuncias para falar de presupostos. Cren que Sánchez se equivoca se pretende meterlles presión cunha convocatoria electoral.
"Aínda están a tempo de moverse, teñen tempo de moverse. Independentemente de que acabe habendo ou non presupostos, nós seguiremos insistindo na vía do diálogo", asegura a voceira de ERC.
Para que as contas públicas se tramiten, os partidos independentistas deben retirar as súas emendas á totalidade e votar o mércores en contra das outras catro presentadas.