CRTVG

Buscar

Torra comunica a Sánchez que non irá á conferencia de presidentes co rei

Publicado o 30/07/2020 13:22
Torra comunica a Sánchez que non irá á conferencia de presidentes co rei

O presidente da Generalitat, Quim Torra, comunicou por carta ao xefe do Goberno, Pedro Sánchez, que non asistirá á conferencia de presidentes deste venres na Rioxa deste porque vai estar o rei e porque considera que non debe desprazarse pola actual situación da pandemia en Cataluña.

Na misiva, Torra concreta que non asistirá ningún outro representante do Goberno catalán e empraza a Sánchez a tratar o plan de reactivación posterior á covid-19 elaborado pola Generalitat e outras demandas pendentes nunha reunión "telemática de presidente a presidente" a próxima semana.

Torra pedira desde un principio que este encontro de presidentes autonómicos se fixese por videoconferencia, para evitar o desprazamento pola actual situación da pandemia da COVID-19, algo que descartou Moncloa.

A confirmación de que o rei Felipe VI presidirá a apertura da conferencia de presidentes en San Millán da Cogolla (A Rioxa) tampouco agradou a Torra.