CRTVG

Buscar

Torra comprométese a "avanzar sen escusas cara á república", no segundo aniversario do 1-O

Publicado o 01/10/2019 21:09

Concentracións diante da Generalitat, do Parlament e en Bruxelas, no segundo aniversario do referendo do un de outubro Carles Puigdemont, ex-presidente da Generalitat afirmaba que "hai dous anos que Cataluña decidiu converterse nun estado independente en forma de república".

Data fundacional do republicanismo catalán, en palabras de Quim Torra. O presidente da Generalitat apelaba á vía democrática e pacífica para avanzar cara á independencia. Quim Torra, presidente da Generalitat, aseguraba que "o Goberno da Generalitat de Cataluña comprométese coa radicalidade democrática, co dereito á autodeterminación, a avanzar sen escusas cara á república catalá".

A axenda de Torra continuaba cunha visita aos políticos presos no cárcere de Lledoners, mentres as conmemoracións se sucedían ao longo e ancho de Cataluña. A diferenza do ano pasado, este 1 de outubro discorreu sen altercados, agás algún incidente en Xirona. 300 persoas concentráronse ante o cuartel da Garda Civil e a subdelegación do Goberno, lanzaron ovos e pintura e cortaron o tráfico no centro da cidade.

O día serviu tamén como altofalante para que os partidos e unha trintena de entidades separatistas chamaran a poboación a unírense a actos de desobediencia civil en caso de que a sentenza do procés sexa condenatoria.

Noticias web

01/10/2019