CRTVG

Buscar

Quim Torra, citado a declarar o día 15 como imputado polo caso dos lazos amarelos nos edificios públicos

Publicado o 03/05/2019 11:30

• O presidente da Generalitat deberá declarar en plena campaña das eleccións municipais e europeas por resistirse a retirar os lazos amarelos, símbolo de apoio os políticos en prisión, durante a pasada campaña electoral 

Quim Torra, citado a declarar o día 15 como imputado polo caso dos lazos amarelos nos edificios públicos

O presidente da Generalitat, Quin Torra, está citado a declarar como imputado o próximo 15 de maio pola querela que presentou a Fiscalía por desobediencia con relación cos lazos amarelos en edificios públicos.

O presidente deberá declarar en plena campaña das eleccións municipais e europeas por resistirse a retirar os lazos amarelos, símbolo de apoio os políticos en prisión, durante a pasada campaña electoral.

A Fiscalía acusa a Torra de desatender o mandato da Xunta Electoral Central de "forma consciente e deliberada" depois de que mantivera esta simboloxía "partidista" na Generalitat, "aínda que fose de xeito encuberto".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí