CRTVG

Buscar

Torra celebra que agora o Goberno adopte as medidas "que propuxo a Generalitat"

Publicado o 29/03/2020 09:57

O presidente da Generalitat, Quim Torra, mostrou a súa satisfacción polo anuncio do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de paralizar todas as actividades non esenciais desde o luns 30 de marzo ata o xoves 9 de abril. Fixo estas declaracións nunha comparecencia desde a Casa dels Canonges, onde permanece confinado tras dar positivo en coronavirus. Para Torra é "unha medida necesaria", porque así darase "un paso máis na solidariedade que nos protexe" e agora, segundo o dirixente catalán, deben concretarse as medidas "económicas e sociais" que acompañan "este confinamento total que era tan agardado en Cataluña".

"Vou comezar expresando a miña satisfacción coa decisión do confinamento total para as vindeiras dúas semanas. É unha boa noticia no combate que temos como sociedade contra o coronavirus. Celebro a decisión anunciada polo presidente do Goberno español aínda que chega tarde (...). É evidente que se agora decreta o confinamento total é porque non existía. Vou agradecer o apoio de tanta xente que nestas últimas semanas concordaron coas medidas drásticas que reclamaba o goberno da Generalitat".

Noticias web

29/03/2020