CRTVG

Buscar

Torra cualifica o xuízo de "inmenso despropósito público"

Publicado o 13/06/2019 10:00

O presidente da Generalitat cualificou este xuízo de "inmenso despropósito público". Nunha declaración institucional apelou aos cataláns para que respondan desde o exercicio ao dereito de autodeterminación. Quim Torra reiterou que o seu compromiso é o de levar a Cataluña á independencia.

En Cataluña, milleiros de persoas saíron á rúa para protestar polo xuízo e mostrarlle o seu apoio aos políticos presos. Òmnium Cultural insiste en que a autodeterminación é un dereito. Unha das concentracións máis numerosas foi a de Barcelona.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019