CRTVG

Buscar

Torra asegura que os partidos independentistas non apoiarán os presupostos

Publicado o 02/11/2018 23:57
Torra asegura que os partidos independentistas non apoiarán os presupostos

O presidente da Generalitat, Quim Torra, asegurou que os partidos independentistas retirarán o apoio ao Gobierno de Pedro Sánchez e non aprobarán os Presupostos Xerais do Estado, xa que considera que non fixo ningún xesto dende que llo pediu hai un mes.  "Presidente Sánchez, o pobo de Cataluña retirálle o apoio. Non votaremos os Presupostos", afirmou nun acto de apoio aos presos xunto a prisión de Lledoners, tras coñecerse as peticións de penas da Fiscalía e da Avogacía do Estado contra os procesados polo 1-O.  

Durante o Debate de Política Xeral, Torra déralle a Sánchez un ultimato dun mes para plantear unha proposta de referendo pactado, e considera que o prazo acabou. "Sempre seguiremos coa bandeira do diálogo pero non votaremos nunca estes orzamentos". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/11/2018