CRTVG

Buscar

Torra acepta a renuncia de Nuria de Gispert á Creu de Sant Jordi

Publicado o 07/05/2019 08:07
Torra acepta a renuncia de Nuria de Gispert á Creu de Sant Jordi

O presidente da Generalitat aceptou a renuncia de Nuria de Gispert a recibir a Creu de Sant Jordi.
A ex-presidenta do Parlamento catalán puxo o galardón a disposición do Govern despois da polémica pola publicación dun chío en que insultaba a oposición. De feito, os socialistas presentaran unha iniciativa para retirarlle a distinción.

Nuria de Gispert xa fora reprobada o ano pasado por comentarios vexatorios sobre Inés Arrimadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019