CRTVG

Buscar

Torra apela á liberdade de expresión ante o xuíz para non retirar os lazos amarelos

Publicado o 15/05/2019 20:05

Case todo o Govern, partidos e asociacións independentistas e cidadáns arrouparon a Quim Torra antes e despois de sentar no banco dos acusados. O presidente catalán compareceu como investigado por un delito de desobediencia por non acatar dentro de prazo a orde da Xunta Electoral de retirar os lazos amarelos dos edificios públicos na anterior campaña electoral.

Torra respondeu durante 40 minutos as preguntas da Fiscalía, pero non as da acusación particular, encarnada por VOX. Argumentou que a xunta electoral non era competente para ordenar a retirada das pancartas, que a súa orde era imprecisa e que conculcaba dereitos fundamentais. Ademais, acusou o organismo arbitral de actuar con intencionalidade política.

Quim Torra, presidente da Generalitat: "Pasamos do 'a Fiscalía afínacho' a 'a Xunta Electoral afínacho'. Non se pode obedecer unha orde inxusta e ilegal que conculca dereitos fundamentais".

Torra di que está disposto a pagar o prezo que sexa necesario por defender a liberdade de expresión. Tras a súa declaración, o tribunal solicitou o informe do Sindic des Greuges en que recomendaba a Torra que acatase a orde da Xunta Electoral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019