CRTVG

Buscar

Toque de queda polo coronavirus en varios países europeos

Publicado o 25/10/2020 12:38

Hai restricións xa nalgunhas comunidades españolas e tamén en varios países europeos.

A noite en moitas das grandes capitais do continente xa non é como era ata hai ben pouco. O toque de queda baleirou pola noite urbes coma a capital francesa.

Así puidemos ver París onte á noite: unha cidade deserta e silenciosa. A Torre Eiffel ou o Arco do Triunfo volven ofrecer estampas como hai meses, cando o confinamento baleirou as urbes. Igual que acontece en Francia, noutros países tamén endureceron as restricións. Italia pecha teatros, cines, piscinas ou ximnasios.

As autoridades italianas adiantaron á 6 da tarde o horario de peches en bares e restaurantes para loitar contra o virus.

Noticias web

25/10/2020