CRTVG

Buscar

Toque de queda para 20 millóns de franceses desde o sábado

Publicado o 15/10/2020 08:20

O agravamento da situación hospitalaria en Francia leva as autoridades a estableceren toque
de queda para vinte millóns de cidadáns.

Desde pasado mañá, os habitantes de París e doutras oito áreas metropolitanas deberán permanecer na casa desde as nove da noite ata as seis da mañá. O toque de queda ten unha duración inicial de catro semanas.

Anunciouno o presidente francés, Emmanuel Macron, nunha entrevista televisiva este mércores.

Noticias web

15/10/2020