Toño Magariños, de Peña "Carreiro é un disco que pretende emocionar e tamén facer unha critica ao superficial"
Publicado o 22/04/2021 17:14
Peña son Toño Magariños, Rubén Abad e Elena Vázquez. 'Carreiro' é o seu primeiro traballo de estudio publicado polo selo Repetidor. É un corpo de temas sinxelos, con idiosincrasia temática e valentía formal.