CRTVG

Buscar

Tono Campos e Diego Romero logran o ouro na final do C2 de maratón

Publicado o 20/10/2019 21:38

Tania Fernández e Tania Álvarez conquistan a prata na final de K2

Da China chegan boas noticias. Alí estanse disputando os campionatos do mundo de piragüismo de maratón. E segue destacando a actuación dos galegos que forman parte da selección.

Tono Campos e Diego Romero, do Club Breogán do Grove, lograron a medalla de ouro en categoría C1. É o segundo ouro que suman os dous padexeiros neste campionato. Mentres que Tania Fernández do Kayak Tudense e Tania Álvarez do Breogán do Grove veñen de proclamarse subcampioas do mundo. O equipo español suma xa 10 metais dos que seis proceden de padexeiros galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019