CRTVG

Buscar

Toñito, un boi de Monforte perde 300 quilos despois de facer dieta

Publicado o 16/05/2018 21:33

Chegou a pesar dous mil quilos e tiña moitas dificultades para andar. Falamos de Toñito, un boi de Monforte que leva os últimos tres meses a dieta e loitando contra o sobrepeso. Ten 6 anos e chegou a pesar dúas toneladas. O exceso de peso provocáballe dores nos pezuños e tiña moitos problemas de mobilidade. Por iso hai tres meses os responsables desta granxa da asociación monfortina Prodeme decidiron poñelo a dieta.

O esforzo deu o seu froito e Toñito conseguiu baixar 300 quilos. Agora loce mellor tipo, está máis áxil e non lle doen os pezuños. Este boi xa se converteu no animal máis prezado das 2.000 cabezas de vacún desta granxa de Monforte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018