CRTVG

Buscar

Toni, un futbolista que aproveita o parón para rematar a súa formación en farmacia

Publicado o 21/03/2020 19:51

Xa sabemos, a través das redes sociais, como se adestran na casa os deportistas. Algúns, como Toni Dovale, combinan o traballo físico con outras tarefas. A imposibilidade de volver a Tailandia para seguir xogando ao fútbol permitílle, cando menos, completar a súa formación. Toni asegura que "foron pechando os países e tamén en Europa estamos confinados. Tiña estas prácticas pendentes así que é un bo momento axudar e poñer o meu grao. A verdade é que non pensaba que agora mesmo estaría aínda en Galicia. Pero a situación é a que é e as circunstancias fóronse dando. Agardo non rematar as prácticas, porque iso significaría que a situación melloreu e que podemos volver todos ao noso traballo. No meu caso a xogar ao fútbol, pero non ten moi boa pinta. Se teño que estar os catro meses, estarei".  

Toca agardar para todos. Tamén para aquel xogador que despuntou na Masía e tamén no Celta ou no Lugo antes de buscar a vida noutras ligas que agora mesmo quedan aínda máis lonxe.

Noticias web

21/03/2020