CRTVG

Buscar

Toni Nadal ensina en Vigo a receita de como triunfar no deporte e no mundo empresarial

Publicado o 13/03/2019 17:15

Toni Nadal, experto en motivación e adestrador do tenista Rafa Nadal, estivo na Universidade de Vigo nunha conferencia da Fundación Mentor, que ten como obxectivo axudar os estudantes na súa incorporación ao mercado laboral. Nadal faloulles de como triunfar no deporte e no mundo empresarial.

Na charla que mantivo con universitarios vigueses, Toni Nadal falou das similitudes entre o deporte de alto rendemento e o mercado laboral. Dixo que os bos empresarios e deportistas comparten valores como a decisión, o esforzo e, sobre todo, a esixencia.

Deportistas e empresarios comparten tamén a toma de decisións en función duns obxectivos. O principal: nunca o empate e sempre a marxe de mellora.

Para Nadal, na empresa e no deporte é difícil ser lider sen ser boa persoa. Saber escoitar, non ter medo ao cambio e ser intolerante á queixa son outros dos segredos para a vitoria no deporte e na empresa.

Noticias web

13/03/2019