Toneladas de marisco morto polo exceso de auga doce na ría de Arousa
Publicado o 02/02/2021 11:06
Preocupación na ría de Arousa ante a aparición de toneladas de marisco morto. Isto é debido á intensa chuvia.
O patrón maior de Rianxo, Miguel Iglesias, destacou que os ríos veñen moi cargados de auga.
A praia de Tanxil é unha das máis afectadas. Onte recolleron 5.000 quilos de marisco para intentar recuperar o máximo posible. Era marisco para recoller no verán.
As perdas económicas serán cuantiosas cando comece a tempada do verán.