Tomiño pide a colaboración veciñal para crear o arquivo municipal da imaxe
Publicado o 07/07/2021 21:02
Mané é un goianés amante da fotografía que vai ceder ao futuro arquivo da imaxe de Tomiño unhas catrocentas instantáneas históricas.
Unha vez dixitalizados, este veciño recuperará os seus álbums. A tecnoloxía servirá para preservalos no tempo e para entregar ás xeracións futuras a memoria dos tomiñeses do pasado. Como o tenor que cantou en Nova York, o fabricante das guitarras de Gardel ou un famoso fotógrafo na outra beira do Atlántico.
Entre fondos propios e doutras institucións e mais as aportacións dos veciños, o futuro arquivo xa conta con 6.000 instantáneas. Para seguir medrando, o concello dixitalizará todas as fotografías que queiran achegar os tomiñeses.