CRTVG

Buscar

Tomé di que se desimputan a Besteiro, terá que ser el o que decida se quere estar activo na política

Publicado o 04/06/2021 14:29

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, referiuse á posible volta do seu antecesor e exlíder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, á primeira liña da política.

Parece estar máis preto a desimputación de Besteiro das causas xudiciais nas que figura como investigado e que o levaron a apartarse da política. 

"O Partido Socialista pensa que é positivo que todos os seus militantes estean na actividade política na medida que eles consideren e na medida en que o partido o necesite. Primeiro que o desimputen e logo que é por iniciativa propia decida si quere estar máis ou menos activo na vida política", dixo José Tomé, presidente da Deputación de Lugo.

Noticias web

04/06/2021