Toma posesión o novo concelleiro de Ourense
Publicado o 23/09/2020 14:05

O novo concelleiro de Democracia Ourensana vai apoiar o alcalde, dixo, por lealdade á cidadanía e para desbloquear a xunta de Goberno. Telmo Ucha, tomou posesión do cargo en substitución do crítico Mario González, que renunciou á acta. Aínda non decidiu se o fará desde o asento de Democracia Ourensana ou como non adscrito: "Coido que poñer unha camiseta ou non a por é irrelevante, dado a importancia do principal que é desbloquear a cidade e sacar todo adiante. Temos cinco días para pensalo e vamos ver o que se decide".