Toén, San Cibrao das Viñas, Vedra, O Pino, Mugardos e Viveiro relaxan as restricións
Publicado o 27/11/2020 15:29
O comité tamén decidiu aliviar a situación en seis concellos. Son Toén, San Cibrao das Viñas, Vedra, O Pino, Mugardos e Viveiro.
Os veciños de San Cibrao das Viñas están contentos con esa decisión do comité clínico. Estaban desexando que se suavizasen esas restricións que se impuxeran hai tres semanas.
Os resultados epidemiolóxicos son bos, así que pasarán ao nivel dous.
Dende mañá estará permitida nestes seis concellos a mobilidade e a hostalería volverá abrir. Iso si, con restricións de ocupación. Os comercios, ao 50%, e as reunións con non conviventes, reducidas a seis persoas.
Dende as autoridades sanitarias piden moita prudencia a partir de agora para non volver atrás.