CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Todo preparado para a entrega dos Mestre Mateo

Publicado o 02/03/2018 21:39

Mañá saberemos quen son os gañadores dos Mestre Mateo que se repartirán na Coruña. Os ensaios xa comezaron no pazo da Ópera, onde terá lugar a gala que estará conducida pola actriz Iolanda Muíños e que se poderá seguir na Televisión de Galicia en directo a partir das dez da noite.



Xa está case todo listo para a gran festa do audiovisual galego, os premios Mestre Mateo. Quen está lista tamén é a conductora da velada, que será por segundo ano consecutivo, a actriz Iolanda Muíños.

Unha gala na que se reivindicará o protagonismo das mulleres do sector e na que a música en directo terá un papel importante.

Nunha noite chea de emoción repartiránse os melllores premios de televisión e cine do país. Lembren, mañá a partir das dez da noite, teñen unha cita coa Televisión de Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

02/03/2018