CRTVG

Buscar

Espéranse 33.000 persoas diarias no Son do Camiño

Publicado o 13/06/2019 11:08

Máis de cen mil persoas pasarán por este Monte do Gozo durante os tres días que dura este festival, que, por segundo ano, busca tamén promover o vindeiro ano xacobeo. Un evento en que traballan unhas 1.500 persoas. Ás catro da tarde comeza o festival. Esta mañá, arredor das 10, chegan os primeiros grupos para facer as probas de son.

Un festival que vai durar tres días e que ten os 25.000 abonos vendidos nas primeiras 48 horas que se puxeron á venda. Só quedan entradas soltas para hoxe. En total virán 33.000 persoas por día. En total case 100.000 persoas nos tres días que teñen practicamente cheos os establecementos hoteleiros de Santaigo.

Esteban Girón, membro da organización do Son do Camiño: "É un cartel ecléctico porque o espírito do Son do Camiño é abarcar un público moi amplo para satisfacer a demanda que hai en todo o norte de España, e esa é unha das claves do éxito do elenco".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019